A adega Mar de Envero presenta o seu novo viño: «Volandia», un mencía con denominación de orixe Ribeira Sacra

Proximamente, a adega Mar de Envero presentará o seu novo e sorprendente viño: Volandia, un monovarietal de mencía con denominación de orixe Ribeira Sacra —subzona de Amandi—, e unha produción limitada a 2700 botellas numeradas. Mar de Envero: Volandia, mencía D.O. Ribeira Sacra Con este lanzamento, o enólogo Manyo Moreira cumpre o seu desexo de traballar de novo con esta variedade de uva, pero agora nesta zona, onde atopou as mellores condicións para elaborar os viños que lle gustan. Igualmente, supón un novo paso na súa firme convicción de explorar e poñer en valor as variedades autóctonas galegas. Mar de Envero: Volandia, mencía D.O. Ribeira Sacra Volandia é un crianza especialmente destinado aos apaixonados e curiosos do viño, que desfrutan analizando todos os detalles sensoriais para apreciar ata os máis mínimos matices. Trátase dun viño cor vermello picota, goloso, redondo e sedoso, cunha acidez ben integrada que o fai vivo e enérxico. Agradece o tempo en copa xa que, a medida que se abre, amplía o seu rexistro aromático: cereixas, mouras, arandos, terra, cogomelos, violetas, xasmín, notas especiadas como o tomiño e a pementa negra, regaliz negro acompañado de lixeiras notas balsámicas. Mar de Envero: Volandia, mencía D.O. Ribeira Sacra A diferenza doutros mencías ao uso, máis comúns na zona, Volandia implicou un proceso de elaboración máis complexo que o fai único e especial. Partiuse dun compañeiro inmellorable, como son as cepas de entre 50 e 100 anos de antigüidade, das que unha gran parte se conserva aínda en vaso. Mar de Envero: Volandia, mencía D.O. Ribeira Sacra A vendima realizouse de maneira totalmente manual, recollendo a uva en caixas apilables de 20 kg para preservar a integridade das bagas. O seguinte paso foi unha maceración prefermentativa en frío de varios días, á que seguiu unha fermentación alcohólica a temperatura controlada. A crianza levouse a cabo durante 12 meses en barricas de carballo francés de 400 litros. Delas, o viño pasou a repousar en depósitos de aceiro inoxidable, atopándose nestes momentos coa maduración en botella.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?