A adega Mar de Envero presenta o seu novo viño: «Mar de Envero Branco Ecolóxico Sobre Lías»

A adega Mar de Envero segue ampliando a súa liña «Experiencias del Atlántico», na que explora a particular natureza dos viños galegos, co lanzamento de Mar de Envero Branco Ecolóxico Sobre Lías, o seu primeiro viño con certificación ecolóxica. Mar de Envero Blanco Ecológico Sobre Lías Mar de Envero Branco Ecolóxico Sobre Lías é o primeiro e único monovarietal de treixadura ecolóxica elaborado na D.O. Rías Baixas. Igualmente, é a primeira vez que Manyo Moreira, enólogo da adega, traballa con esta variedade de uva. Tras a vendima aínda non tiña claro o proceso de elaboración, e non foi ata despois da fermentación cando empezou a barallar a idea de telo en contacto coas súas lías, unha crianza que se prolongaría durante 8 meses. Mar de Envero Blanco Ecológico Sobre Lías O resultado é un viño limpo e brillante, cor amarela con tons dourados, con nariz complexo e aromas de flores brancas, pomelo, herbas silvestres, fiúncho e anís estrelado, acompañado dunha elegancia envolvente de lías finas. A entrada na boca é fresca, cítrica, dando paso a unha sensación cremosa, con volume e final con longo recordo. Mar de Envero Blanco Ecológico Sobre Lías Mar de Envero Branco Ecolóxico Sobre Lías é unha produción limitada a 2000 botellas numeradas de 0,75 litros e, para a súa óptima conservación, a adega recomenda gardalo ao abrigo da luz, nun lugar fresco e sen oscilacións de temperatura.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?