A adega Mar de Envero presenta o seu novo albariño monovarietal: «Mar de Envero Blanco Barrica»

A adega de Rías Baixas Mar de Envero amplía esta semana a súa liña «Experiencias del Atlántico», destinada a explorar a particular natureza dos viños galegos, co lanzamento do albariño monovarietal Mar de Envero Blanco Barrica, unha aposta polos viños brancos de garda. Experiencias del Atlántico: Mar de Envero Blanco Barrica Na creación de Mar de Envero Blanco Barrica conxugouse unha viticultura adecuada cunha elaboración consecuente. Unha das súas claves reside na calidade da uva albariño, que no ano 2016 resultou excelente. Outro factor determinante foi atrasar a vendima, o que permitiu obter unha uva con maior concentración e, grazas a ela, un mellor equilibrio na crianza en barrica. Para esta utilizáronse volumes de 300 litros durante un período de 5 meses, conservando a expresión primaria da variedade e relegando os aromas terciarios a un segundo plano. Experiencias del Atlántico: Mar de Envero Blanco Barrica O resultado é un viño palloso brillante con tonalidades douradas e bágoa con volume. En nariz destacan os cítricos (pomelo), flores brancas, notas de froitas de semente (mazá e pera), té verde e lixeiros balsámicos. O seu comportamento en boca é fresco, carnoso, cunha elegante cremosidade, mineral, equilibrado e persistente, finalizando cun postgusto salino. Experiencias del Atlántico: Mar de Envero Blanco Barrica Mar de Envero Blanco Barrica é unha produción limitada a 600 botellas numeradas de 0,75 litros, coidadosamente presentadas en caixas de madeira de 6 unidades. Para a súa óptima conservación, a adega recomenda gardalo ao abrigo da luz, nun lugar fresco e sen oscilacións de temperatura. Experiencias del Atlántico: Mar de Envero Blanco Barrica

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?