A adega Mar de Envero colabora coa II Comida Solidaria «San Lázaro Axuda»

A adega de Rías Baixas Mar de Envero colaborou coa II Comida Solidaria «San Lázaro Axuda», celebrada o pasado 29 de novembro de 2014 no Hotel Porta do Camiño (Santiago de Compostela).Este evento, organizado pola Comunidade Solidaria de San Lázaro, ten como obxectivo recadar fondos para as persoas sen recursos de Santiago de Compostela, así como para a escolarización de nenos en Nicaragua. II Comida Solidaria San Lázaro Axuda Nesta segunda edición a Comida Solidaria logrou reunir a 150 asistentes, e contou co apoio de 60 colaboradores. Podedes encontrar máis información sobre «San Lázaro Axuda» neste enlace, e tamén na súa páxina de Facebook.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?