A adega Mar de Envero álzase con dúas medallas na Catavinum World Wine & Spirit Competition 2013

Estamos de noraboa na adega: os nosos dous albariños, Mar de Envero e Troupe, acaban de conseguir senllas Medallas de Prata na Catavinum World Wine & Spirit Competition 2013.Con estas Medallas de Prata, a Catavinum World Wine & Spirit Competition premia aos viños intensos e complexos en aromas, con corpo medio-alto, ben equilibrados e con boa persistencia final. Mar de Envero: Medalla de Plata en la CWWSC 2013 Troupe: Medalla de Plata en la CWWSC 2013 O concurso CWWSC, organizado e desenvolvido por Catavinum en Vitoria-Gasteiz, ten entre os seus principais obxectivos o de informar a consumidores e profesionais internacionais sobre a calidade dos viños e licores premiados, co fin de contribuír á súa difusión e, ademais, potenciar a produción e elaboración de produtos de calidade.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?