A adega de Rías Baixas Mar de Envero recibe a visita do empresario xaponés Hirosuke Matsui

O pasado martes, 8 de outubro, a adega Mar de Envero tivo o pracer de recibir a visita de Hirosuke Matsui, empresario xaponés propietario dunha importadora, ademais da cadea de restaurantes Spain Club de Tokyo. Hirosuke Matsui, con quen o enólogo Manyo Moreira coincidiu durante a súa última visita a Xapón, acudiu a Galicia co obxectivo de coñecer a algúns dos produtores galegos cos que traballa. Hirosuke Matsui no Concello de Santiago de Compostela A expedición xaponesa arrancou o día cunha visita protocolaria ao Concello de Santiago de Compostela, onde foi recibida polo alcalde Ángel Currás. Dende alí, o equipo da adega Mar de Envero conduciunos ao mosteiro de Armenteira, un lugar ineludible á hora de afondar nas orixes da uva Albariño.Tras gozar dun aperitivo con vistas á ría en Cambados, a seguinte parada levounos aos viñedos da adega Mar de Envero, onde os visitantes asistiron con entusiasmo á vendima, charlando cos traballadores e degustando acios de uva recén cortados. Hirosuke Matsui visita Mar de Envero A continuación acudiron á adega, onde Manyo Moreira lles explicou con todo detalle o proceso de elaboración dos seus viños, respondendo ás numerosas preguntas formuladas polos convidados, que demostraron unha grande inquietude vitivinícola.Como broche de ouro, o grupo celebrou unha comida a base de produtos frescos do Atlántico nun restaurante do Val do Salnés, tras a cal Hirosuke Matsui e os seus acompañantes se despediron para continuar a súa viaxe por Galicia.Grazas pola visita, feliz regreso e ata a próxima!

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?