A adega de Rías Baixas Mar de Envero colabora coa exposición «Miradas que falan»

A adega de Rías Baixas Mar de Envero colabora coa exposición fotográfica «Miradas que falan», unha iniciativa do Centro Pai Menni para Personas con Discapacidad Intelectual, achegando o seu viño para a presentación que terá lugar o xoves 19 de febreiro, ás 19:00 horas, na Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela.Este proxecto, realizado por Esteban de la Iglesia e Manuel R. Suárez, invita a reflexionar sobre a imaxe asociada ás persoas con discapacidade, co obxectivo de sensibilizar e promover a súa inclusión social. Exposición fotográfica Miradas que falan A exposición confronta nove retratos de persoas con discapacidade intelectual, usuarios do Centro Pai Menni, cos de nove actores e actrices galegos que participaron de forma altruísta: Isabel Blanco, Camila Bossa, Branca Cendán, Belén Constenla, César Goldi, Yolanda Muiños, Victor Mosqueira, Patricia Vázquez e Luis Zahera.Tedes máis información sobre o proxecto neste enlace.

A que século se remontan as primeiras noticias do Albariño en Galicia?

Os viños rosados galegos elaborados con uva branca son máis aromáticos que os olorosos de Xerez?

Cal das seguintes opcións é unha variedade de uva?

Con que nome se coñecen os camiños que forman as liñas dun viñedo?

É Ferrón unha variedade de uva galega?