Atrévete a descubrir as Noches Troupe

Mar de Envero: Noches Troupe

30/01/2013

Troupe, o albariño Rías Baixas da adega Mar de Envero, propúxose impregnar as noites de ocio co seu espírito canalla. Como? Coas súas Noches Troupe: festas co desenfado dos anos vinte e o cabaré, celebradas en locais selectos, cunha coidada ambientación, propostas gastronómicas irresistibles, múltiples sorpresas e, sobre todo, inmellorable compañía.

A primeira destas Noches Troupe celebrarase en A Moa (Santiago de Compostela), o mércores 6 de febreiro, a partir das 20:30 horas. Só vos revelaremos un pequeno secreto: poñerase en xogo unha cea para dúas persoas neste restaurante compostelán. Queredes máis? O mércores 6 de febreiro, a partir das 20:30 horas, a Noche Troupe espéravos con todas as súas sorpresas en A Moa.

Atrevédesvos a descubrilas?

Máis información:

Descobre o albariño Troupe
Mar de Envero en Facebook

Mar de Envero en Twitter
A Moa
A Moa en Facebook


Noche Troupe en A Moa