Engade Mar de Envero ás túas listas de intereses en Facebook

Mar de Envero en Facebook

03/01/2012

Se che interesa o mundo do viño e queres manterte informado de todo o que facemos na adega Mar de Envero, engádenos ás túas listas de intereses en Facebook. Para facelo, só has de seguir os pasos que che explicamos a continuación.

1) Pulsa AQUÍ para visitar a nosa páxina en Facebook. Se aínda non te uniches a nós en Facebook, máis abaixo explicámosche como facelo.

2) Unha vez na nosa páxina, pulsa sobre o botón GÚSTACHE: despregarase un menú.

Mar de Envero en Facebook

3) No menú que se despregou, pulsa sobre a opción ENGADIR ÁS LISTAS DE INTERESES.

Mar de Envero en Facebook

4) A continuación, pulsa sobre a opción + NOVA LISTA.

Mar de Envero en Facebook

5) Abrirase unha ventá na que verás seleccionada a páxina de Mar de Envero: pulsa en SEGUINTE.

Mar de Envero en Facebook

6) Dálle un nome á túa lista (Viños, por exemplo), pulsar en REMATAR e listo: xa engadiches a nosa páxina ás túas listas de intereses en Facebook.

Mar de Envero en Facebook

Grazas por seguirnos.


Únete a Mar de Envero en Facebook

Se aínda non engadiches Mar de Envero ás túas páxinas favoritas en Facebook, podes facelo seguindo estes pasos:

1) Pulsa AQUÍ para visitar a nosa páxina en Facebook.

2) Unha vez alí, pulsa o botón GÚSTAME.

Mar de Envero en Facebook

3) Listo: xa nos segues en Facebook.

Agora, recorda engadirnos ás túas listas de intereses.