Troupe e Mar de Envero, viños con elegancia e un sabor en estado puro


29/11/2012

Albariños singulares que son o sono de dous emprendedores composteláns

Mar de Envero é unha adega que aposta por dous albariños singulares e que se encontra en claro proceso de expansión. Viños únicos, o sono de dous emprendedores composteláns, que innovan en tempos de difíciles.

Mar de Envero naceu en 2007 con todos os elementos para unha maridaxe de éxito. Emprendedores con paixón e experiencia que, hoxe en día obteñen bos resultados cos seus dous caldos. "O 2012 foi un ano especial e sumamente importante para nós, cunha expansión incrible que nos achega a consolidación no mercado dos nosos viños," afirmou Manyo Moreira, enólogo de Mar de Envero.

Un ano de grande actividade para a marca, que segue abrindo mercados para os seus dous viños, tal e como se constataba en xullo coa visita que realizaban a Brasil xunto coa Cámara de Comercio de Pontevedra. Unha incursión, que se suma á do pasado mes de abril, na que a adega, acudía á feira Wine&Gourmet de Xapón como única representación galega do sector. Situacións que afianzan o seu posicionamento en países como Suíza, México e Gran Bretaña.

Pero se falamos de expansión unida a creatividade, hai que mencionar a Troupe. O irmán pequeno de Mar de Envero presentábase en abril cunha estética fresca e elegante. Un caldo que non deixou a ninguén indiferente, e que xa obtivo éxitos de crítica e público ao conseguir unha medalla de bronce no concurso International Wine Guide. Un recoñecemento, ao que se suma a medalla de prata, que o mesmo certame, concedeu a Mar de Envero.