Emprender en tempos de crise: Mar de Envero revoluciona os Rías Baixas

Emprender en tiempos de crisis: Mar de Envero revoluciona los Rías Baixas

11/3/2009 - El Correo Gallego

A crise non frea os emprendedores galegos, que seguen sacando adiante proxectos malia o cerrojazo da banca á billa do diñeiro, a morosidade crecente e o baixón do consumo.

En tempos onde as palabras recesión ou paro son o pan noso de cada día, e nos que se detecta aos verdadeiros ousados que se atreven a xerar riqueza e emprego con todo no seu contra, non faltan exemplos en Galicia de que nunca é tarde para poñer en marcha unha boa iniciativa. [...] Mar de Envero, un Rías Baixas "diferente" procedente de Cambados, nacido da iniciativa de socios de Santiago. Falamos dun Albariño 100% elaborado sobre lías, que se pode pedir nuns 200 locais de Galicia, aínda que a adega pretende levalo por toda España e mesmo cruzar o charco á conquista de México ou Estados Unidos. Excelente para brindar polo éxito as iniciativas do país. [...] Tras lanzar hai un ano ao mercado unha nova referencia en plena crise, da que Mar de Envero produciu 30.000 litros, Moreira non se arredra e xa pensa en novas ofertas, aínda que, de momento, queremos afianzar a marca".