Mar de Envero: Novas formas de entender o viño

Mar de Envero: Nuevas formas de entender el vino

30/11/2008- El Correo Gallego

En agosto ten lugar o envero, momento clave no que a uva se dulcifica e cambia a súa cor, tornándose nun só día amarelenta a branca e escura a tinta, proporcionando así ao acio o característico ton da maduración. Inspirándose neste proceso de cambio, dous mozos emprendedores galegos: Manyo Moreira, encargado da elaboración e Breixo Reymóndez, xerente da adega, deciden unir a súa experiencia para fundar Mar de Envero, unha adega convencida da necesidade de novas ideas para conseguir aproveitar ao máximo o enorme potencial vitivinícola de Galicia.

A confirmación das súas intencións innovadoras chega da man do seu primeiro viño, Mar de Envero, un albariño monovarietal que expresa as súas características organolépticas de xeito intenso, harmónico e nobre, seducindo coa súa intensa cor, conquistando co seu nariz revelador dun mimado traballo sobre lías e culminando cun elegante paso por boca estructurado, untuoso e longo recordo.

Uns viños que puntúan moi alto

O proxecto apunta moi alto pois, con primeiro lanzamento, conseguiron puntuacións próximas aos 90 nas guías e web´s de viños de ámbito nacional. A súa intención é elaborar outras liñas de viño que se vaian superando en complexidade, tratando de innovar e apoiándose en variedades de uva autóctona. Cunha produción de 30.000 litros, Mar de Envero pode xa gozarse nos máis selectos establecementos hostaleiros do norte de España.

Os que desexen máis información deste viño amparado na denominación de orixe Rías Baixas pode facelo a través da páxina web da adega na dirección www.mardeenvero.es

Mar de Envero é o froito de emprendedores galegos convencidos da necesidade de xerar novas ideas no sector vitivinícola.