Manyo Moreira, enólogo e productor de viño: “Mar de Envero é un albariño mimado en todo o proceso de elaboración”

Manyo Moreira, enólogo y productor de vino: “Mar de Envero es un albariño mimado en todo el proceso de elaboración”

10/6/2008 - La Voz de Galicia

Elaborar un viño de calidade a partir da nada, sen máis estrutura detrás que moitas ganas de traballar, ilusión e formación, é o reto que acaba de facer realidade Manyo Moreira, enólogo compostelán de 32 anos que se embarcaron no proxecto con dous socios para elaborar o albariño Mar de Envero, o viño da D. O. Rías Baixas que elixiu o restaurante Enxebre para maridar cos peixes azuis aos que dedica unhas xornadas gastronómicas.

¿Qué características ten este viño para triunfar?

A súa calidade é froito dun proceso coidadoso e mimado paso a paso, dende a selección da uva ata a presentación en botella. É un viño redondo en cata, compensado, cunha carga aromática lograda pola maceración da baga en frío e a fermentación a baixa temperatura para conseguir maior complexidade, e unha cor dourado transparente que di moitas cousas de Mar de Envero.

¿O nome no é casual, verdade?

Envero é o momento en que a uva cambia de cor. O de mar foi pola imaxe duns viñedos mexidos polo vento que se fundía co mar.

¿Como naceu seu proxecto?

Descubrín a enoloxía cando estudaba Industrias Agroalimentarias e tituleime en Ponteares, traballei en adegas do Bierzo e León antes de empezar a elaborar o noso viño en Cambados. Esta é a primeira colleita, con 40.000 botellas, pero o proxecto non hai máis que empezar.