O albariño «Mar de Envero Branco Barrica», galardoado cunha Distinción Gallaecia

Mar de Envero | Distinciones Gallaecia

27/10/2022

O albariño Mar de Envero Branco Barrica 2018 foi galardoado cunha Distinción Gallaecia 2022, que o recoñece como un dos 15 viños mellor valorados da D.O. Rías Baixas por Gallaecia - Asociación de Sumilleres de Galicia. De acordo con esta asociación, organizadora do certame, «todos os viños Distinguidos superaron o corte de 84 puntos —ficha de cata da OIV, Organización Internacional de la Viña y el Vino—, e todos eles destacaron en relación aos outros da súa Denominación».

Mar de Envero | Distinciones Gallaecia

Gallaecia - Asociación de Sumilleres de Galicia é unha asociación profesional sen ánimo de lucro fundada no ano 1997, que actualmente conta con máis dun centenar de socios nas catro provincias galegas. Os seus principais obxectivos son a formación, a información, a dignificación da profesión e a defensa dos produtos apoiados por un selo de calidade que garantan a súa orixe. Desde o ano 2002 organiza o concurso Distinciones Gallaecia, oficialmente recoñecido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España, así como pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. O concurso debe ser confirmado cada ano polo Ministerio, e é un dos certames nos que maior número de viños se catan, cunha media de 400 por edición.

Mar de Envero | Distinciones Gallaecia

As Distinciones Gallaecia baséanse nunha dobre cata cega, cunha primeira selección realizada nas sedes dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe galegas. Os viños que superan o limiar esixido pasan a unha cata final, da que saen os Distinguidos. Esta segunda cata realízase con viños de mercado —distribucións, tendas e establecementos especializados—, para asegurar que o produto catado se corresponde co que realmente se atopa ao dispor dos consumidores. Todos estes aspectos fan que as Distincións Gallaecia se atopen entre os premios máis considerados no sector