Os viños da adega Mar de Envero, valorados na Guía de Vinos y Aceites 2022

Mar de Envero | Guía de Vinos y Aceites

28/07/2022

A Guía de Vinos y Aceites 2022, editada pola revista La Semana Vitivinícola SeVi, recolle as notas de cata e valoracións dos nosos viños con denominacións de orixe Rías Baixas e Ribeira Sacra.

Mar de Envero | Guía de Vinos y Aceites

A anada 2019 do albariño Mar de Envero sobre lías recibiu 93 puntos, e nas notas de cata resáltase a súa opulencia e equilibrio. O albariño monovarietal Troupe 2020, pola súa banda, foi valorado con 92 Puntos, e del destácase o seu carácter fragante e franco en boca.

Mar de Envero | Guía de Vinos y Aceites

Os viños da liña «Experiencias do Atlántico», coa que a adega explora a particular natureza dos viños galegos, tamén foron puntuados nesta guía: tanto o coupage Mar de Envero Tinto Barrica 2017 —«Saboroso, vertical e salino. Pizpireto con recordo froiteiro e tostado»— como o albariño Mar de Envero Branco Barrica 2018 —«Intenso. Amplo en boca, de aspecto salino nun conxunto cremoso»— recibiron 92 puntos.

Mar de Envero | Guía de Vinos y Aceites

Igualmente, a guía recolle as notas dos dous viños con D.O. Ribeira Sacra da adega: Volandia Godello Barrica 2019 —«Profundo. Conxunto cálido e potente. Equilibrado»— e Volandia Mencía Barrica 2018 —«Elegante. Saboroso en boca, con nervio»—, valorados ambos con 93 puntos.

Na edición de 2022, a Guía de Viños e Aceites inclúe 1663 viños e 59 aceites de oliva procedentes de todos os recunchos da xeografía española.