Jancis Robinson valora tres viños da adega Mar de Envero con 17,5 puntos

Jancis Robinson | Purple Pages | Mar de Envero

28/09/2021

Jancis Robinson, prestixiosa xornalista, escritora e crítica británica de viño, valorou nas súas notas de cata tres viños da adega Mar de Envero con 17,5 puntos: o albariño Mar de Envero elaborado sobre lías, o tinto Volandia Mencía Barrica, e o albariño Mar de Envero Branco Barrica. Na escala de 20 puntos seguida por Robinson, esta puntuación refírese a viños considerados «Superiores».

Jancis Robinson | Purple Pages | Mar de Envero

Sobre o albariño Mar de Envero elaborado sobre lías 2019, Robinson apunta nas súas notas de cata que «a intensidade, a pureza concentrada, lineal pero ferozmente madura do pexego e o sal deste viño é case impresionante. Podo saborear o océano. Podo saborear o verán, o outono, o amencer, os albaricoques. A pureza deste viño arquéxase como unha descarga eléctrica pola miña columna vertebral, deixando cada célula formigueante, conmocionada, viva, ríxida e tan sensible coma se se desprendese unha capa de pel. Case dolorosamente puro».

Jancis Robinson | Purple Pages | Mar de Envero

Con respecto a Volandia Mencía Barrica 2017, a crítica destaca que «estes viños de Mar de Envero son dos máis emocionantes que probei este ano. Posúen a tensión dunha corda de violín que se puede sentir no centro da columna, vibrando de vida, cun pequeno ritmo eléctrico, excitado e encuberto. Este mencía ten un ton cru e vigoroso, como un cabalo salvaxe. Amargo, pero cheo de froitas. Follas de té, frambuesa, pementa branca, cigarro, folla de tabaco. Moi fresco e aromático. Lavanda de verán, pétalos de capullos de rosa, mica, follas do amencer, pel de mazá vermella. Taninos como unha pincelada de tinta. Un viño que sabe a arroio de montaña, a fervenza de haikus, a un gravado de flores de cerdeira de Katsushika Hokusai».

Jancis Robinson | Purple Pages | Mar de Envero

Pola súa banda, apunta o seguinte sobre o albariño Mar de Envero Branco Barrica 2016: «Unha complexidade arrepiante, desde o primeiro aroma de flores brancas envolvido nunha gasa. Albaricoques verdes, un chisco de po de xiz e area de praia húmida, fiúncho mariño bañado en marmelo. Aceites especiados e amargos de casca de lima. Unha acidez moi salgada e potente que reverbera a través do esterno e as costelas como unha corrente eléctrica. O final suavízase, adózase, alárgase, convertendo o yuzu en clementina, a lima en cera. Un viño incriblemente belo que demostra que o albariño, cultivado no lugar correcto e elaborado con mimo, é moito máis que un viño fresco para beber novo con marisco. Aquí hai un enorme potencial de envellecemento. Por favor, que alguén o importe ao Reino Unido!».

Jancis Robinson | Purple Pages | Mar de Envero

Jancis Robinson iniciou a súa traxectoria relacionada cos viños no ano 1975. Desde entón editou varios libros, colaborou con distintos medios e recibiu numerosos galardóns polo seu labor. Alcanzou o título de Master of Wine (MW) en 1984, foi elixida como a crítica máis influente a nivel internacional en 2018, e catou e escribiu sobre viños de todos os continentes. As súas notas de cata, coñecidas como «Purple Pages» (Páxinas Púrpura), poden consultarse na súa páxina web previa subscrición.