O coupage Mar de Envero Tinto Barrica, na Guía Peñín de los Vinos de España 2020

Mar de Envero Tinto Barrica

04/06/2019

O coupage Mar de Envero Tinto Barrica, da adega de Rías Baixas Mar de Envero, recibiu unha valoración de 90 puntos na Guía Peñín de los Vinos de España 2020. Con esta proposta, limitada a 2100 botellas, a adega inaugurou a súa liña «Experiencas del Atlántico», na que o enólogo Manyo Moreira explora a particular natureza dos viños galegos.

Mar de Envero Tinto Barrica é un coupage elaborado con uvas sousón (50 %), mencía (35 %) e pedral (15 %). Trátase dun viño vermello violeta vivo, brillante, moi limpo, sedoso e glicérico, de intensidade media-alta e cunha acidez ben integrada, no que destacan as froitas silvestres como a moura ou a frambuesa. As maceracións prefermentativa e alcohólica realizáronse en depósito de formigón, con bazuqueos diarios. O viño permaneceu durante 7 meses en barricas de carballo francés de 400 e 350 litros, onde realizou tamén a fermentación maloláctica. Posteriormente repousou varios meses en depósitos de aceiro inoxidable, ata o seu embotellado en novembro de 2017.

Mar de Envero Tinto Barrica

A Guía Peñín de los Vinos de España 2020 inclúe máis de 12000 viños catados, entre os que se atopan os tres albariños monovarietales da adega Mar de Envero: Mar de Envero elaborado sobre lías (91 puntos), Troupe (90 puntos), e Mar de Envero «Experiencias del Atlántico» Branco Barrica (90 puntos).

Mar de Envero Tinto Barrica