Os albariños Mar de Envero e Troupe repiten Medallas de Ouro na Catavinum World Wine & Spirit Competition 2018

Os albariños Mar de Envero e Troupe, Medallas de Ouro na Catavinum World Wine & Spirit Competition

01/03/2018

Os albariños da adega de Rías Baixas Mar de Envero, Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, recibiron senllas Medallas de Ouro na edición 2018 do concurso internacional Catavinum World Wine & Spirit Competition. Este galardón premia a viños moi intensos e moi complexos en aromas, con corpo alto, ben equilibrado e moi persistente.

Para esta última edición da CWWSC catáronse un total de 3378 viños e licores procedentes de máis de 20 países, e só cinco viños brancos da D.O. Rías Baixas recibiron a Medalla de Ouro.

Os albariños Mar de Envero e Troupe, Medallas de Ouro na Catavinum World Wine & Spirit Competition

Catavinum World Wine & Spirits Competition é unha iniciativa organizada por Catavinum en Vitoria-Gasteiz (España), que ten como obxectivo informar a consumidores e profesionais sobre a calidade dos viños e licores premiados. Deste xeito, contribúen á súa difusión e potencian a produción e elaboración de produtos de calidade.

Os albariños Mar de Envero e Troupe, Medallas de Ouro na Catavinum World Wine & Spirit Competition