O enólogo Manyo Moreira revela as últimas novidades da adega Mar de Envero na revista Galicia Informa

Mar de Envero en Galicia Informa

19/02/2018

A revista Galicia Informa recolle no seu número 13 unha ampla entrevista con Manyo Moreira, enólogo da adega Mar de Envero, na que profunda na súa nova liña de viños «Experiencias del Atlántico», ademais de avanzar interesantes novidades para o futuro.

Mar de Envero en Galicia Informa

Na entrevista Manyo explica que, para Mar de Envero, os viños do Atlántico contan cun carácter moi distinto aos do resto da península, e a nova liña «Experiencias del Atlántico» mostrará todo este potencial en viños máis complexos, elaborados con crianza en barrica de carballo francés.

Ata o momento a adega presentou dúas novas propostas moi coidadas e especiais: «Mar de Envero Blanco Barrica» e «Mar de Envero Tinto Barrica». O primeiro é unha aposta polos viños brancos de garda, recorrendo unha vez máis á variedade albariño. O segundo, a gran sorpresa, é o primeiro tinto creado pola adega, un coupage co que demostran que en Rías Baixas é posible elaborar tintos de altísima calidade, complexos e perdurables.

Mar de Envero en Galicia Informa

O enólogo tamén avanza o próximo lanzamento dun novo viño, que será totalmente distinto a todos os que elaboraron ata agora.

Podedes ler a entrevista completa nesta ligazón.