A adega Mar de Envero lanza o seu primeiro viño tinto, co que inaugura a liña «Experiencias del Atlántico»

La bodega Mar de Envero lanza su primer vino tinto, con el que inaugura la línea «Experiencias del Atlántico»

04/12/2017

A adega de Rías Baixas Mar de Envero lanza esta semana un novo viño, Mar de Envero Tinto Barrica, co que inaugura a súa liña «Experiencias del Atlántico». Baixo esta denominación, o enólogo Manyo Moreira presentará propostas moi coidadas e especiais, destinadas a explorar a particular natureza dos viños galegos.

La bodega Mar de Envero lanza su primer vino tinto, con el que inaugura la línea «Experiencias del Atlántico»

Para Manyo, os viños do Atlántico presentan un carácter moi distinto ao resto de viños da península. Condicionantes como o pH da terra, a pluviometría, a orografía e, fundamentalmente, a variedade, propician uvas únicas, que confiren aos viños unha personalidade inigualable, perceptible desde o momento no que se descorcha a botella.

La bodega Mar de Envero lanza su primer vino tinto, con el que inaugura la línea «Experiencias del Atlántico»

Mar de Envero Tinto Barrica é un coupage elaborado con uvas sousón (50%), mencía (35%) e pedral (15%), vendimiadas en outubro de 2016. Tanto a maceración prefermentativa como a fermentación alcohólica realizáronse en depósito de formigón, con bazuqueos diarios. O viño permaneceu durante 7 meses en barricas de carballo francés de 400 e 350 litros, onde realizou tamén a fermentación maloláctica. Posteriormente, repousou varios meses en depósitos de aceiro inoxidable, ata o seu embotellado en novembro de 2017.

La bodega Mar de Envero lanza su primer vino tinto, con el que inaugura la línea «Experiencias del Atlántico»

O resultado é un viño vermello violeta vivo, brillante, moi limpo, sedoso e glicérico, de intensidade media-alta e cunha acidez ben integrada, no que destacan as froitas silvestres como a moura ou a frambuesa. Mar de Envero Tinto Barrica é unha produción limitada a 2100 botellas de 0,75 litros, coidadosamente presentadas en caixas de madeira de 6 unidades. Para a súa óptima conservación, a adega recomenda gardalo ao abrigo da luz, nun lugar fresco e sen oscilacións de temperatura.

La bodega Mar de Envero lanza su primer vino tinto, con el que inaugura la línea «Experiencias del Atlántico»