A revista «The Wine Advocate» valora aos albariños Mar de Envero e Troupe

Robert Parker - The Wine Advocate

06/09/2017

A prestixiosa revista especializada «The Wine Advocate», do crítico de viño estadounidense Robert Parker, publicou no seu número 232 —agosto de 2017— as valoracións para os albariños Mar de Envero e Troupe, da adega de Rías Baixas Mar de Envero.

Robert Parker - The Wine Advocate: Mar de Envero albariño elaborado sobre lías Rías Baixas

A anada 2015 do albariño elaborado sobre lías Mar de Envero recibiu unha puntuación de 90+, sendo descrito como «limpo, equilibrado, sutil e varietal. O padal é moi agradable, cunha acidez vibrante e un final agridoce».

Robert Parker - The Wine Advocate: Troupe albariño Rías Baixas

Pola súa banda, a anada 2016 do albariño monovarietal Troupe foi valorada con 88 puntos, e dela destácase que é «un exemplo fresco e froiteiro impulsado con aromas de flores brancas, cítricos, froitos amarelos e balsámicos. O padal ten alta acidez compensada por uns cinco gramos de azucre residual. Un Albariño comercial, fácil de gustar».

Robert Parker - The Wine Advocate 232

O catador Luís Gutiérrez tamén apunta que participou nunha cata vertical do albariño Mar de Envero elaborado sobre lías, recoñecendo que «foi bo comprobar a evolución dos viños». Ademais, lembra que a adega de Rías Baixas Mar de Envero lanzará proximamente o seu primeiro viño tinto.