A revista Galicia Informa entrevista a Manyo Moreira, enólogo da adega Mar de Envero

A revista Galicia Informa entrevista a Manyo Moreira, enólogo da adega Mar de Envero

02/01/2017

A revista Galicia Informa, publicación periódica na que se dá a coñecer a historia, novidades, filosofía e proxectos de empresas e profesionais destacados nos seus sectores, publicou no seu número 8 unha entrevista con Manyo Moreira, enólogo da adega de Rías Baixas Mar de Envero.

Na entrevista, Manyo afirma que o principal obxectivo de Mar de Envero é elaborar viños que representen á súa rexión de produción, razón pola que sempre traballaron exclusivamente con variedades autóctonas galegas.

Tamén explica as diferenzas entre os dous viños que a adega comercializa actualmente, Mar de Envero elaborado sobre lías e Troupe, nos que se utiliza a mesma variedade de uva –albariño–, pero procedente de distintas leiras e elaborada de diferente maneira en cada caso.

A revista Galicia Informa entrevista a Manyo Moreira, enólogo da adega Mar de Envero

Ademais, o enólogo revela unha sorpresa para o futuro próximo, avanzando que prepara o lanzamento de novos viños de marcado carácter atlántico...

Podedes ler a entrevista completa nesta ligazón.