Enrique López presenta o seu libro «¿Te cuento un vino?» na FNAC de Majadahonda (Madrid)

Enrique López con Manyo Moreira, enólogo da adega de Rías Baixas Mar de Envero

05/11/2015

Hai aproximadamente un ano, Enrique López acababa de escribir o seu libro ¿Te cuento un vino? Rarezas y caras B de nuestros vinos y bodegas, unha obra que, a través das pequenas historias e anécdotas de 36 adegas, entre as que se atopa Mar de Envero, se aproxima á cara máis humana do proceso de creación do viño.

Tras esgotarse a primeira edición, a editorial poñerá en marcha unha segunda que, ademais, estará dispoñible nas tendas FNAC de toda España. Por este motivo, o autor realizará unha presentación de ¿Te cuento un vino? na FNAC de Majadahonda (Madrid), o venres 6 de novembro ás 19:00 horas.