Troupe álzase cun dos dous galardóns concedidos ao viño albariño nos Premios Internacionales Arribe 2015

O albariño Troupe, galardoado co Premio Arribe de Prata nos Premios Internacionales Arribe 2015

04/09/2015

Troupe, albariño monovarietal elaborado pola adega de Rías Baixas Mar de Envero, foi galardoado co Premio Arribe de Prata no XI Concurso Internacional de Vinos Premios Arribe 2015, converténdose nun dos dous únicos albariños premiados neste prestixioso certame.

O Concurso Internacional de Vinos Premios Arribe é organizado dende o ano 2005 pola Asociación Vinduero-Vindouro, e conta co recoñecemento do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

O albariño Troupe, galardoado co Premio Arribe de Prata nos Premios Internacionales Arribe 2015

Esta última edición, celebrada do 3 ao 6 de agosto en Trabanca (Salamanca), contou coa participación de 450 viños procedentes de 64 denominacións de orixe españolas e portuguesas, e cun xurado internacional integrado por catadores procedentes de China, Francia, Uruguai, España e Portugal.

Mar de Envero é unha adega que, dende a súa fundación no ano 2007, elabora viños galegos con denominación de orixe Rías Baixas. Tras liderar proxectos singulares en diferentes zonas, o seu elaborador Manyo Moreira retorna a Galicia, unha terra na que por chan, clima e variedades de uva, encontra o carácter e a elegancia que necesita para os seus viños.

O albariño monovarietal Troupe é o seu viño máis canalla e descarado, unha proposta que, ao inspirarse no espírito dos anos vinte e os espectáculos de cabaré, resulta especialmente indicada para gozar en boa compañía. A súa boca é amable e cativadora, e o seu equilibrio invita a renderse aos encantos dun viño moi sedutor.