A adega de Rías Baixas Mar de Envero acudirá a FENAVIN 2015

Mar de Envero asistirá a FENAVIN 2015

07/05/2015

A adega de Rías Baixas Mar de Envero acudirá a FENAVIN 2015, a feira de referencia do viño español, que se celebrará do 12 ao 14 de maio no Pavillón Feiral de Ciudad Real (Castela-A Mancha).

Tras sete edicións, FENAVIN converteuse na feira monográfica do viño máis importante de España, convocando en 2013 a 1214 adegas procedentes de todo o territorio nacional. Ademais, dende os seus inicios especializouse no negocio exterior, unha proxección internacional que permite que a oferta vinícola española estea presente nos mercados máis importantes.

Mar de Envero asistirá a FENAVIN 2015

Mar de Envero en FENAVIN 2015:
Pabellón 3 (Osiris)
Calle 4
Stand 23