Enrique López presenta o seu libro «¿Te cuento un vino?» en Vide, Vide!

Presentación de ¿Te cuento un vino?

21/04/2015

O autor malagueño Enrique López presentou, o pasado sábado 18 de abril, o seu libro ¿Te cuento un vino? Rarezas y caras B de nuestros vinos y bodegas (Libros.com) no espazo enocultural Vide, Vide!, de Santiago de Compostela.

¿Te cuento un vino? recolle a cara máis humana do proceso de creación deste produto, prestando máis atención ao romanticismo da maxia producida polas adegas que aos tecnicismos.

Presentación de ¿Te cuento un vino?

Mar de Envero é unha das 36 adegas que participa nesta obra, achegando as historias que deron lugar ás súas marcas Troupe (albariño monovarietal) e Mar de Envero (adega e albariño elaborado sobre lías). Tedes máis información sobre o libro neste enlace, e aquí podedes compralo en formato papel ou ebook.

Presentación de ¿Te cuento un vino?

Enrique López con Manyo Moreira, enólogo da adega de Rías Baixas Mar de Envero, durante a presentación de «¿Te cuento un vino?».