A adega de Rías Baixas Mar de Envero colabora coa exposición «Miradas que falan»

Exposición fotográfica Miradas que falan

18/02/2015

A adega de Rías Baixas Mar de Envero colabora coa exposición fotográfica «Miradas que falan», unha iniciativa do Centro Pai Menni para Personas con Discapacidad Intelectual, achegando o seu viño para a presentación que terá lugar o xoves 19 de febreiro, ás 19:00 horas, na Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela.

Este proxecto, realizado por Esteban de la Iglesia e Manuel R. Suárez, invita a reflexionar sobre a imaxe asociada ás persoas con discapacidade, co obxectivo de sensibilizar e promover a súa inclusión social.

Exposición fotográfica Miradas que falan

A exposición confronta nove retratos de persoas con discapacidade intelectual, usuarios do Centro Pai Menni, cos de nove actores e actrices galegos que participaron de forma altruísta: Isabel Blanco, Camila Bossa, Branca Cendán, Belén Constenla, César Goldi, Yolanda Muiños, Victor Mosqueira, Patricia Vázquez e Luis Zahera.

Tedes máis información sobre o proxecto neste enlace.