O albariño Mar de Envero, cualificado de Excelente na Cata Evaluativa de Mercado 2014 organizada pola Academia Mexicana del Vino

Albariño Mar de Envero: Cata Evaluativa de Mercado 2014

23/10/2014

A Academia Mexicana del Vino levou a cabo en México D.F. a Cata Evaluativa de Mercado 2014, que na súa primeira fase incluíu a máis de douscentos viños entre os que se encontra o albariño Mar de Envero elaborado sobre lías.

Albariño Mar de Envero: Cata Evaluativa de Mercado 2014

Para esta cata, realizada sobre a base de tendencias sensoriais, os viños organizáronse atendendo á súa estrutura técnica, e as botellas foron forradas en negro para evitar a súa identificación e propiciar suxestións anticipadas.

Albariño Mar de Envero: Cata Evaluativa de Mercado 2014

O albariño Mar de Envero elaborado sobre lías obtivo a cualificación de Excelente-Altamente recomendable, coa seguinte ficha de cata:

- Á vista: atractiva e brillante cor amarela intensa con fulgores dourados sobre un matiz palloso.

- Ao olfacto: elegante intensidade provocativa de complexa variedade aromática destacando froitos secos, matices vexetais integrados con flores, especias e recordos a mazá que brinda unha agradable expresión froiteira.

- Ao padal: pleno e envolvente confirmando a súa promesa olfactiva, integrado por unha estrutura rica e complexa, de fresca acidez envolvida en agradable cremosidade brindando unha sensación harmónica con postgusto moi prolongado remarcando a súa froitosidade.

- Comentario xeral: a complexidade para a obtención dun bo viño nesta zona, queda manifesta na calidade e creatividade nun viño pracenteiro como este.

Albariño Mar de Envero: Cata Evaluativa de Mercado 2014

A Academia Mexicana del Vino é un organismo colexiado sen ánimo de lucro integrado polos estudosos, profesionais e promotores da Cultura do Viño en México, fundado en 1997 baixo os principios xerais de L'Academie Internationale du Vin con sede en Xenebra (Suíza).