A adega Mar de Envero regresa da súa visita a Xapón cargada de sensacións positivas

Mar de Envero — Japón 2013 — Día 10 — Regreso

11/04/2013

A adega de Rías Baixas Mar de Envero concluíu a súa visita a Xapón, durante a que participou na feira Wine & Gourmet JAPAN 2013, ademais de en diversas visitas comerciais, seminarios e conferencias.

Dez días despois da súa chegada a Tokyo, Manyo Moreira, enólogo da adega, regresa a Galicia cargado de sensacións positivas, tras constatar de primeira man a boa aceptación dos seus viños no mercado xaponés.

Neste vídeo, Manyo Moreira percorre algunhas zonas moi coñecidas de Tokyo, poucas horas antes de despedirse do país nipón: o mercado de peixe de Tsukiji, o templo de Senso-Ji, Akihabara e o barrio dos rañaceos de Shinjuku.