Mar de Envero visita os establecementos de Spain Club en Tokyo

Mar de Envero — Japón 2013 — Días 06, 07 & 08 — Spain Club

09/04/2013

Manyo Moreira, enólogo da adega de Rías Baixas Mar de Envero, aproveitou a súa presenza en Tokyo con motivo da Wine & Gourmet JAPAN 2013 para visitar e coñecer os establecementos do grupo Spain Club, unha cadea de restaurantes españois vinculada ao importador dos seus viños en Xapón.

Así, ademais de asistir a unha wine dinner e impartir un seminario para sumilleres e expertos en gastronomía no Spain Club de Ginza, Manyo Moreira visitou o Mesón Cervantes, o Ibérico Bar e o Spain Club de Tsukishima, coñecido polo seu peculiar xeito de anunciar e presentar a paella aos comensais.