Achegamos calidade sen entrar na guerra de prezos

30/9/2012 - Voz de Galicia - De vinos

Texto: J.M. Orriols

Novos bodegueiros

Miguel Moreira estudaba enxeñaría técnica agrícola en Lugo, pero a súa paixón era a enoloxía. Por iso preparouse nun centro especializado en Ponteareas e comezou a traballar no que en realidade o atraía: o mundo do viño. Despois de traballar en varias adegas españolas, pensou que chegara o momento de elaborar o seu propio viño e con dous socios máis, lanzouse á aventura de crear a marca Mar de Envero, alugando parte dunha adega e comprando e controlando a produción de uvas dos seus provedores.

Ler mais. Achegamos calidade sen entrar na guerra de prezos

 

Mar de Envero viaxa a Brasil nunha misión comercial

30/7/2012

"Uns pasos máis cara á internacionalización". Así definimos dende a dirección da adega Mar de Envero, a visita comercial a Brasil da que chegamos con "moitos contactos e con sensacións moi positivas". Unha viaxe, que organizado pola Cámara de Comercio de Pontevedra, serviu para explorar novos mercados e vías de comercialización.

Ler mais. Mar de Envero viaxa a Brasil nunha misión comercial

 

Presentación do novo albariño Troupe

Presentación del nuevo albariño Troupe

6/5/2012 - El Correo Gallego

A presentación de Troupe, o novo albariño con Denominación de Orixe Rías Baixas da adega Mar de Envero no restaurante A Moa foi todo un éxito. Mar de Envero é unha iniciativa de dous emprendedores composteláns Manyo Moreira e Breixo Reymóndez, enólogo e xerente, respectivamente, que crean a adega en 2007 e xa está a abrirse paso en Xapón.

Ler mais. Presentación do novo albariño Troupe

 

Páxina 27 de 30