A adega de Rías Baixas Mar de Envero recibe a visita do empresario xaponés Hirosuke Matsui

Hirosuke Matsui visita Mar de Envero

11/10/2013

O pasado martes, 8 de outubro, a adega Mar de Envero tivo o pracer de recibir a visita de Hirosuke Matsui, empresario xaponés propietario dunha importadora, ademais da cadea de restaurantes Spain Club de Tokyo. Hirosuke Matsui, con quen o enólogo Manyo Moreira coincidiu durante a súa última visita a Xapón, acudiu a Galicia co obxectivo de coñecer a algúns dos produtores galegos cos que traballa.

Ler mais. A adega de Rías Baixas Mar de Envero recibe a visita do empresario xaponés Hirosuke Matsui

 

O albariño Mar de Envero, galardoado co Arribe de Plata na IX Edición dos Premios Internacionales Arribe 2013

Mar de Envero: Premio Arribe de Plata 2013

06/09/2013

Mar de Envero, o albariño elaborado sobre lías da adega Mar de Envero, foi galardoado co Premio Arribe de Plata na IX Edición dos Premios Internacionales Arribe, categoría de Viños brancos sen crianza en madeira, onde obtivo unha valoración de 86,20 puntos. Con esta mención, Mar de Envero logrou un dos tres premios concedidos á Denominación de Origen Rías Baixas.

Ler mais. O albariño Mar de Envero, galardoado co Arribe de Plata na IX Edición dos Premios Internacionales Arribe 2013

 

Os albariños de Rías Baixas Mar de Envero e Troupe, nas Guías Peñín

Mar de Envero e Troupe, nas Guías Peñín

19/07/2013

Os albariños da adega de Rías Baixas Mar de Envero, Troupe e Mar de Envero elaborado sobre lías, foron valorados con 90 e 91 puntos respectivamente pola Guía Peñín de los Vinos de España 2013, a publicación de referencia do viño español no mundo, que conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 500.000 exemplares vendidos das súas 22 edicións.

Ler mais. Os albariños de Rías Baixas Mar de Envero e Troupe, nas Guías Peñín

 

Páxina 22 de 34